Despois do éxito de participación da nosa primeira edición, podemos dar a boa noticia de que no mes de xuño de 2025 celebraremos a 2ª edición do Torneo Amateur de Tenis Ventorrillo.
Esta nova edición presentará novidades tanto no sistema de xogo como na distribución horaria do torneo. En canto ó sistema de Xogo, optarase por un formato Round Robin con 4 grupos de 4 xogadores que garantiza 3 partidos a cada un dos participantes, aumentando o tempo de xogo en pista para todos os participantes.
Por outra banda, o torneo concentrarase en dúas fins de semana. A primeira delas adicada á disputa dos 24 partidos clasificatorios e a segunda na que se disputarán os 6 partidos que dilucidarán quenes serán os gañadores desta nova edición do torneo.
Coma o ano pasado, a xornada final contará con actividades que complementen o espectáculo deportivo e algunha que outra sorpresa que vos estamos a preparar.
O próximo 2 de maio abrirase o prazo para inscribirse. Estate atento porque os participantes obterán praza por rigurosa orde de inscrición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario