Crónica e resultados

Vimos de celebrar esta fin de semana toda a competición na sua fase de grupos, quedando definidos todos os cruces de semifinais para o día 21, de onde sairán os finalistas do día 22. Lembramos que os partidos que quedan por xogarse do torneo xa serán todos en horario matinal.

A choiva este ano deunos unha tregua, pero non tivemos tanta sorte co vento, que deu sentido ó nome do torneo e do barrio para poñerlle un hándicap de dificultade ó xogo. A pesar diso e despois de 23 partidos de gran tenis, cabe destacar o magnífico ambiente vivido ambolos dous días así como a gran deportividade de todos os xogadores, nun carrusel de partidos que que estiveron en moitos dos casos enormemente disputados. 

Aplaudir e felicitarnos pola participación de Lucía, que pasará á nosa historia como a primeira xogadora en participar, abrindo un camiño que esperamos que percorran tanto ela de novo como máis xogadoras en vindeiras edicións. E desexarlle unha pronta recuperación da lesión que lle privou de xogar ese último partido do seu grupo. 

Agradecementos tamén a todas e todos eses voluntarias e voluntarios que participan este ano como recollepelotas, facendo máis agradable e cómoda a experiencia dos xogadores. 

A continuación compartimos a táboa de resultados, as clasificacións de cada grupo e os cruces e horarios das semifinais. 

Esperámosvos a todas e todos nesta fase final na que remataremos o torneo cunha sorpresa grazas á exhibición de tenis adaptado da que disfrutaremos entre as dúas finais do domingo. así coma ós pinchos dos que daremos boa conta con todas e todos os xogadores do torneo, autoridades, organizadores, colaboradores e asistentes. NON PODEDES FALTAR!!! 

(En breve subiremos a reportaxe fotográfica desta finde).

RESULTADOS FASE GRUPOS

🗓 Sábado 14 de xuño

Hora

    Partido

Resultado

10:00 - 11:00

    Jorge M.G vs Ángel

9-2

11:00 - 12:00

    Carlos G. vs José Miguel

2-9

12:00 - 13:00

    Chi-shin vs Jorge M.S

9-3

13:00 - 14:00

    Sergio vs Unai

7-9

14:00 - 15:00

    Lucía vs Carlos N.

0-9

15:00 - 16:00

    Juanjo vs Óscar

11-9

16:00 - 17:00

    Eloy vs Miguel Ángel

9-6

17:00 - 18:00

    Jorge M.G vs Rafael

9-2

18:00 - 19:00

    Ángel vs Eduardo

9-1

19:00 - 20:00

    Carlos G. vs Chi-shin

9-4

20:00 - 21:00

    José Miguel vs Jorge M.S

9-2

🗓 Domingo 15 de xuño

Hora

    Partido

Resultado

09:00 - 10:00

    Rafael vs Eduardo

9-2

10:00 - 11:00

    Sergio vs Lucía

9-1

11:00 - 12:00

    Unai vs Carlos N.

9-1

12:00 - 13:00

    Juanjo vs Eloy

6-9

13:00 - 14:00

    Óscar vs Miguel Ángel

3-9

14:00 - 15:00

    Jorge M.G vs Eduardo

9-2

15:00 - 16:00

    Ángel vs Rafael

9-3

16:00 - 17:00

    Carlos G. vs Jorge M.S

9-0

17:00 - 18:00

    José Miguel vs Chi-shin

9-2

18:00 - 19:00

    Sergio vs Carlos N.

9-3

19:00 - 20:00

    Unai vs Lucía

9-0

20:00 - 21:00

    Juanjo vs Miguel Ángel

2-9

21:00 - 22:00

    Óscar vs Eloy

9-11

 

CLASIFICACIÓN FINAL DOS GRUPOS

Grupo A

Victorias/Derrotas

Juegos a Favor

Juegos en Contra

1º Jorge M.G

3-0

27

6

2º Ángel

2-1

20

13

3º Rafael

1-2

14

20

4º Eduardo

0-3

5

27


Grupo B

Victorias/Derrotas

Juegos a Favor

Juegos en Contra

1º José Miguel

3-0

27

6

2º Carlos G.

2-1

20

13

3º Chi-shin

1-2

15

21

4º Jorge M.S

0-3

5

27


Grupo C

Victorias/Derrotas

Juegos a Favor

Juegos en Contra

1º Unai  

3-0

27

8

2º Sergio

2-1

25

13

3º Carlos N.

1-2

13

18

4º Lucía

0-3

1

27


Grupo D

Victorias/Derrotas

Juegos a Favor

Juegos en Contra

1º Eloy

3-0

29

21

2º Miguel Ángel

2-1

24

14

3º Juanjo

1-2

19

27

4º Óscar

0-3

21

31


CADRO FASE FINAL

🗓 Sábado 21 de xuño

Hora

    Partido

Resultado

10:00 - 11:00

    Sergio vs M. Ángel

9-11

11:00 - 12:00

    Ángel vs Carlos G. 

6-9

12:00 - 13:00

    Jorge M.G vs José Miguel

 1-9 

13:00 - 14:00

   Unai vs Eloy

9-4

 

 


🗓 Domingo 22 de xuño

Hora

Partido

 Clasificación

10:30 - 11:30

M. Ángel vs Carlos

        4-9

11:30 - 12:30

EXHIBICIÓN TENIS ADAPTADO

12:30 - 13:30

José Miguel vs Unai

        9-0  

13:30 - 14:30

ENTREGA TROFEOS E PINCHOS